REGISTRATION
 HOME
 CALL FOR CONTRIBUTIONS
 PROGRAMMES / ABSTRACTS
 SANTIAGO DE COMPOSTELA
 GENERAL INFORMATION

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

INNOVACIÓN: 4th International Conference on Molluscan Shellfish Safety en Santiago

Científicos de 33 estados analizarán aspectos de saúde pública como a venda de vieira sen hepatopáncreas a partir do 4 de xuño

EXPERTOS INTERNACIONAIS DEBATERÁN EN SANTIAGO SOBRE A SEGURIDADE DO CONSUMO DE MOLUSCOS

Santiago, 12 de maio de 2.002.- Os principais expertos internacionais en seguridade alimentaria no consumo de moluscos participarán na "4th Internacional Conference on Molluscan Shellfish Safety", que a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos organizará en Santiago de Compostela entre o 4 e o 8 de xuño. O gran desenvolvemento da acuicultura e do marisqueo galegos e o prestixio internacional gañado polos centros científicos galegos relacionados coa pesca, foron claves para lograr que Galicia acolla por primeira vez esta cita, a máis sobresaínte no mundo entre as dedicadas á saúde pública nos productos do mar.

 

Na Facultade de Medicina, os máis de 175 técnicos procedentes de 33 países debaterán uns 150 relatorios, 32 deles elaborados por galegos. Neles, os científicos, procedentes dos cinco continentes, analizarán os aspectos máis innovadores na tarefa de garantir a salubridade dos moluscos. Os asistentes estudiarán as alerxias causadas pola inxestión destes mariscos, novidoso campo de coñecemento no que se están realizando os primeiros estudios científicos.

Avances científicos galegos

Os expertos tamén abordarán a pioneira forma de comercialización da veira sen hepatopáncreas impulsada pola Consellería de Pesca, tema que exporán científicos galegos, neste caso os técnicos do Centro do Control do Medio Mariño (CCMM) de Vilaxóan. A contaminación por toxinas, bacterias, contaminantes químicos virus e parasitos patóxenos para o home serán outros dos abordados nos diferentes paneis e mesas redondas.

Esta conferencia é obxecto de interese por parte dos sectores pesqueiros e da comunidade científica dun importante número de países, como proba o patrocinio que a ONU aporta a través da Comisión Oceanográfica Intergubernamental da UNESCO e do Programa Medioambental das Nacións Unidas.


A organización destas xornadas -que posúen carácter bianual - é unha gran ocasión para mostrarlle a comunidade científica internacional a importancia e a calidade da industria galega que traballa na comercialización de moluscos. Os expertos poderán contrastar ademais o recoñecemento internacional lograda polos investigadores galegos das diferentes institucións neste campo así como os estrictos e áxiles sistemas de control sanitario posto en marcha dende a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Información na rede

Os organizadores do CCMM e do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) puxeron en marcha unha páxina web (http://www.atlanticocongresos.com/moluscos/index.html) a través da cal os asistentes poden reservar e pagar a inscrición e o aloxamento en Compostela. Nesta web tamén se ofrece información sobre as relatorios e as actividades turísticas que se poden realizar en Santiago.


No comité organizador desta cuarta edición da "International Conference on Molluscan Shellfish" participan xunto coa Xunta de Galicia - que está representada pola Consellería de Pesca e a Consellería de Sanidade e Servicios Socias- as universidades de Vigo e Santiago, o Instituto Español de Oceanografía, o Laboratorio de Sanidade Exterior de Vigo e o Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos da Pesca (CECOPESCA). Outros patrocinadores son o Consello Regulador do Mexillón de Galicia, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), o Instituto Galego de Cooperación Iberoamericana, a Universidade e o Concello de Santiago.

 
 
 Novas: Xunta de Galicia
 
FOTOS: Inaguración da 4th Internacional Conference on Molluscan Shellfish Safety
 
SAÚDE: Científicos de 33 países participan na 4th Internacional Conference on Molluscan Shellfish Safety
  
SAÚDE: Presentan novos métodos para detectar toxinas nos mariscos na "International Conference on Moluscan Shellfish"
 
SAÚDE: Científicos debaten como compatibilizar a producción pesqueira coa industrialización na "4th International Conference on Molluscan Shellfish Safety"


CONGRESS TRAVEL AGENCY: VIAJES ATLÁNTICO S.A - Plaza de Fuenterrabía, 3 - 15702 Santiago de Compostela
Tel: +34 981 569 040 / Fax: +34 981 561 951 - +34 981 572 867 -
info@atlanticocongresos.com