|
Presentación
de Comunicacións Cientificas ao Congreso
Aceptaránse tan só dous tipos de
Comunicacións:
• Orais
• Póster Electrónico
O tema das comunicacións o Congreso será libre.
Os resumos das comunicacións (orais ou pósters electrónicos)
terán un máximo de 250 palabras e deberán estruturarse nos
seguintes apartados:
• TÍTULO
• AUTORES
• OBXECTIVOS
• MATERIAL E MÉTODOS
• RESULTADOS
• CONCLUSIÓNS
O primeiro autor e os coautores deberán figurar con nome e
apelido.
Haberá un máximo de 6 autores por Comunicación.
Alomenos un dos autores da comunicación deberá estar inscrito no
Congreso.
Deberá aportarse ademais:
• Dirección electrónica de contacto do autor.
• Aceptación expresa para a posible difusión da súa comunicación
en formato dixital ou noutros formatos ós congresistas asi
como a súa publicación na páxina Web da Sociedade si a
organización do Congreso o considerase oportuno.
Os resumes das comunicacións serán enviados en formato
electrónico á Secretaría do Congreso (alejandra@atlanticocongresos.com).
O tempo para a presentación das comunicacións orais será de 5
minutos (con 2 minutos adiccionais para preguntas - debate). As
presentacións serán realizadas en Power Point.
Os Pósters Electrónicos estruturaranse como unha presentación de
Power Point, cun máximo de 30 diapositivas. As imáxenes estarán
en formato JPG.
O comité científico resérvase o dereito de cambiar de
comunicación electrónica a oral ou viceversa, segundo o interese
e contido da mesma, nese caso será comunicado ao autor principal
ca debida antelación.
Todas as comunicacións poderán ser consultadas durante o
Congreso en tres computadoras a disposición dos congresistas.
Concederánse dous premios ás dúas mellores comunicacións
científicas:
- 1º Premio: Beca de asistencia o Congreso Europeo de Radioloxía
2010. (Patrocina Lab. NYCOMED)
- 2º Premio: Beca de asistencia o Congreso Nacional de
Radioloxía 2010. (Patrocina: Lab. TYCO )
A elección das comunicacións ganadoras será efectuada nun 60%
por votación dos asistentes ao Congreso e nun 40% polo Comité
Organizador. En caso de empate a decisión final será do Comité
Organizador.
Data límite para o envío de Comunicacións: 30 de marzo do 2009.
O Comité Científico comunicaralle ao autor
principal a resolución relativa a súa comunicación.
Os pósters electrónicos e as comunicacións orais aceptadas
deberán enviarse á secretaría do congreso antes do 30 de marzo.
|